lunes, 4 de noviembre de 2013

Celebración do Samaín 2013.

E así nos estrenamos..., coa celebración do Samaín. Dous vídeos nos ensinan tanto o traballo feito no cole coma o realizado polas familias. 
A decoración dos pasillos e das aulas por parte dos profes e dos alumnos creou un ambiente terrorífico e de medo...... e coa decoración das cabazas feitas polas familias, comprobouse a gran complicidade que teñen ao traballar xuntos tanto os pais como os fillos.
Foron 3 días de exposición de cabazas, dando como resultado unha maravillosa composición de colorido e creatividade.
O fin de festa púxoo un taller de maquillaxe feito polas profes do departamento de inglés de primaria e pola coreografía da canción "Maxín Samaín" feita polos nenos de Educación Infantil e 1º-2º-3º do cole da Alameda.
Por último indicar que esta actividade se puido levar a cabo tanto pola coordinación do equipo de extraescolares e de dinamización lingüística, como polo bo facer de toda a comunidade educativa que colaborou (profesores, alumnos e familias).
Moitas grazas a todos pola vosa disposición e polo voso traballo. Estamos no bo camiño.



Presentación.

Aquí comenza esta primeira andadura con moita ilusión por parte dos mestres que forman parte do equipo dinamizador das actividades extraescolares e complementarias do CPI Tomás de Lemos de Ribadavia. 

Todos estamos dispostos a poñer o noso gran de area e a participar na formación integral e plena dos nosos alumnos a través das diferentes actividades que vaian xurdindo ao longo do curso.